luns, 15 de setembro de 2014

BENVIDOS!

Ola familias, nenos e nenas!
Dámosvos a benvida ao blogue de infantil, os LABARTAEXIPCIOS. Este blogue ten como finalidade mantervos informados de todas as actividades que imos a levar a cabo ao longo do curso e tamén para proporcionarvos información sobre páxinas de interese.
Como podedes ver este é o blogue central, nel publicaremos as actividades conxuntas das tres aulas, os faraóns, os deuses e as momias. Para ver a información de cada aula teredes que picar no aceso que está ao lateral.
Desexamos que os desfrutedes.
Un biquiño das Exipcias!