domingo, 31 de maio de 2015

QUEROTE MÁIS....


No festival das Letras galegas estreamos o lip dup feito por todos os nenos/as do cole. Para que non o vira ou para que quera recordalo aquí o tedes:




luns, 25 de maio de 2015

EXCURSIÓN Á MARCELLE!! COMO MOLA!!

O pasado mércores 20 chegou o día tan esperado!!Por fin imos de excursión ao zoo de Marcelle! Que ganas tíñamos de que chegara o día!! Aínda que nos levantamos un pouquiño máis cedo as caras de ilusión e alegría dicíano todo!! Fomos un campións, aguantamos moi ben o tempo de autobús e ao chegar alí todo nos gustaba! Pasámolo en grande, vendo a diferentes animais e realizando algúns xogos cos monitores e monitoras! Un día moi divertido e especial, pero tamén moi cansado, xa que á volta, algún que outro necesitou repoñer forzas cunha siesta!!
 

domingo, 24 de maio de 2015

LEMOS NO PATIO

TODO O COLE SAÍU O PATIO A LER EN SILENZO. CADA UN LEVOU UN LIBRO E DESFRUTOU DA LECTURA AO AIRE LIBRE... http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20962646k4835652o1l1/lectura-no-patio

TEATRO DE TÍTERES!

Na semana das letras tamén tivemos un teatro de títeres, que trataba sobre O LIBRO DA SELVA!!
Despois da actuación, recibimos uns regalos sorpresa por participar na carreira pola lingua!!
Moitas grazas, gustáronnos moito!!

OS ILUSTRADORES

A SEMANA DAS LETRAS TIVEMOS A SORTE DE QUE NOS VISITARÁN DOUS ILUSTRADORES QUE Á VEZ QUE NON ÍAN CONTANDO UNHA FERMOSA HISTORIA ÍAN DEBUXANDO O QUE OCORRÍA... DESPOIS APRENDEMOS A SER ILUSTRADORES!!!



A CARREIRA POLA LINGUA

CON MOTIVO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS TODO O COLE FIXO A CARREIRA POLA LINGUA. EN INFANTIL FIXEMOS UNHA ESTUPENDA CARREIRA DE RELEVOS NA QUE O TESTIGO FOI A NOSA BANDEIRA. TODOS GAÑAMOS, A NOSA LINGUA GAÑOU. VIVAMOS COMO GALEGOS!!! VIVA GALIZA!!!!

domingo, 10 de maio de 2015

EXCURSIÓN A CORUÑA

O xoves fumos convidados pola Universidade Da Coruña a ver unhas obras de teatro realizadas polos alumnos da facultade de Maxisterio. Foron 6 e a verdade moi bonitas, encantáronnos. Noraboa aos futuros profes!

Despois da visita fumos o parque de San Pedro, un parque enorme no que comimos e démoslle de comer tamén aos patos. Despois  xogamos e corrimos polo parque, que ben o pasamos!!!

Mirade, mirade!!!



domingo, 3 de maio de 2015

FACEMOS EXPERIMENTOS CON JORGE E PABLO MIRA

GRAZAS AO PAI E AO TÍO DE DANIEL MIRA, COMPAÑEIRO DA CLASE DE 3 ANOS, TODOS DESFRUTAMOS E APRENDEMOS FACENDO EXPERIMENTOS COMA GRANDES CIENTÍFICOS.

DE EXCURSIÓN A DOMBATE

TODO O COLE FOMOS DE EXCURSIÓN A DOMBATE... ALÍ CADA GRUPO FIXO DIFERENTES ACTIVIDADES... TODAS GUSTÁRONNOS MOITO ... ESPERAMOS VOLVER MOI PRONTO!!!! http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20109471k8716418o1l1/dombater

venres, 1 de maio de 2015

CONTACONTOS DAS PROFES SINDA E ISA!!

A outra semana as profes Sinda e Isa contáronnos na biblioteca dous contos que nos gustan moito, "Orellas de Bolboreta" e o clásico conto "Os tres porquiños"!
Gustáronnos moitos e pasámolo xenial, como o xogo de convertirnos nós en lobos e tres porquiños!
Moitísimas grazas profes, sodes unhas grans contacontos!