domingo, 21 de decembro de 2014

NAVIDAD ROCK

Mirade a actuación que os nenos/as de infantil preparamos para o festival. Víchedes algunha vez unha orquestra mellor? Imposible!


CAMPANADAS NO LABARTA!


O fin de ano adiantouse no labartaexipcios. Despois de explicarlles aos nenos que ao rematar o mes de decembro comezabamos un novo ano decidimos representar as campanadas.
Xuntámonos na clase dos Faraóns, cambiamos as típicas uvas por jumpers e as campás dando a benvida ao 2015 comezaron a soar...
Mirade!!!

CONCERTO DIDÁCTICO

O mércores visitounos Xoan Courin co seu grupo. Explicáronnos varias cousiñas sobre os instrumentos que trouxeron pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi bailar e cantar o sons das súas cancións.
Mirade que ben o pasamos!

AS FABAS MÁXICAS

O martes fumos o auditorio a disfrutar con Caramuxo dunha obra de teatro. Encantóunos, desfrutamos moito e deixamos voar a nosa imaxinación!
Mirade, mirade


xoves, 18 de decembro de 2014

OBRA DE TEATRO EN ZAS

O mércores pola mañá, fomos ao auditorio de Zas a ver unha obra de teatro titulada: ÑAN! de CARAMUXO TEATRO, xunto con outros nenos e nenas de colexios veciños. Pásamolo moi ben, fascinounos moito o ben que o facían os actores e a música que acompañaba as súas interpretacións!
Gustounos moito a obra, tanto, que nos abriu o apetito... e nos deron de comer unhas galletas de canela riquísimas!

xoves, 11 de decembro de 2014

EXCURSIÓN A CORREOS!!

O mércores 10, os nenos e nenas de infantil fomos de excursión a oficina de Correos de Vimianzo!
Gustounos moito a experiencia de ir en autobús todos xuntos! Íamos con moita ilusión e ganas de saber como era unha oficina de correos e sobretodo para poñer as nosas cartas no buzón e así chegar, como xa sabedes, ás nosas casas.
Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos!
Moitas grazas a todos os traballadores/as de correos por ensinarnos tantas cousas e polos regalos!
Ahh! Esperamos que vos gustaran moito as postais!