xoves, 18 de decembro de 2014

OBRA DE TEATRO EN ZAS

O mércores pola mañá, fomos ao auditorio de Zas a ver unha obra de teatro titulada: ÑAN! de CARAMUXO TEATRO, xunto con outros nenos e nenas de colexios veciños. Pásamolo moi ben, fascinounos moito o ben que o facían os actores e a música que acompañaba as súas interpretacións!
Gustounos moito a obra, tanto, que nos abriu o apetito... e nos deron de comer unhas galletas de canela riquísimas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario