domingo, 21 de decembro de 2014

NAVIDAD ROCK

Mirade a actuación que os nenos/as de infantil preparamos para o festival. Víchedes algunha vez unha orquestra mellor? Imposible!


CAMPANADAS NO LABARTA!


O fin de ano adiantouse no labartaexipcios. Despois de explicarlles aos nenos que ao rematar o mes de decembro comezabamos un novo ano decidimos representar as campanadas.
Xuntámonos na clase dos Faraóns, cambiamos as típicas uvas por jumpers e as campás dando a benvida ao 2015 comezaron a soar...
Mirade!!!

CONCERTO DIDÁCTICO

O mércores visitounos Xoan Courin co seu grupo. Explicáronnos varias cousiñas sobre os instrumentos que trouxeron pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi bailar e cantar o sons das súas cancións.
Mirade que ben o pasamos!

AS FABAS MÁXICAS

O martes fumos o auditorio a disfrutar con Caramuxo dunha obra de teatro. Encantóunos, desfrutamos moito e deixamos voar a nosa imaxinación!
Mirade, mirade


xoves, 18 de decembro de 2014

OBRA DE TEATRO EN ZAS

O mércores pola mañá, fomos ao auditorio de Zas a ver unha obra de teatro titulada: ÑAN! de CARAMUXO TEATRO, xunto con outros nenos e nenas de colexios veciños. Pásamolo moi ben, fascinounos moito o ben que o facían os actores e a música que acompañaba as súas interpretacións!
Gustounos moito a obra, tanto, que nos abriu o apetito... e nos deron de comer unhas galletas de canela riquísimas!

xoves, 11 de decembro de 2014

EXCURSIÓN A CORREOS!!

O mércores 10, os nenos e nenas de infantil fomos de excursión a oficina de Correos de Vimianzo!
Gustounos moito a experiencia de ir en autobús todos xuntos! Íamos con moita ilusión e ganas de saber como era unha oficina de correos e sobretodo para poñer as nosas cartas no buzón e así chegar, como xa sabedes, ás nosas casas.
Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos!
Moitas grazas a todos os traballadores/as de correos por ensinarnos tantas cousas e polos regalos!
Ahh! Esperamos que vos gustaran moito as postais!

mércores, 26 de novembro de 2014

PROXECTO DE EXIPTO

COMO SABEDES ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE EXIPTO TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

O NOSO COMPAÑEIRO MIGUEL DE 4 ANOS NOS TROUXO DE AGASALLO ÁS NOSAS CLASES UN AMULETO DA VIDA FEITO POR EL E O SEU PAI. 

AGORA NOS TOCA INVESTIGAR EXACTAMENTE  QUE PROTEXÍA ESTE AMULETO E QUEN O UTILIZABA PORQUE TEMOS ALGUNHAS DÚBIDAS... 

MOITAS GRAZAS MIGUEL E A SÚA FAMILIA. 




martes, 4 de novembro de 2014

MÉRCORES 29 DE OUTUBRO

CINE DE MEDO!!! NESTES DÍAS NOS QUE TRABALLAMOS SOBRE O SAMAÍN VISTAMOS TODOS A CLASE DE 3 ANOS PARA VER UNHA PELI... A BRUXA REGAÑADENTES!!!! DOUNOS UN POUCO DE MEDO!!! TAMÉN CANTAMOS XUNTOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA DO SAMAÍN,,, TUMBAS POR AQUÍ TUMBAS POR ALÁ...!!!! JAJAJAJAJA

xoves, 23 de outubro de 2014

Contacontos de Medo!

Aproveitando a Semana Das Bibliotecas Escolares as profes Isa e Sinda contáronnos tres contos de medo aos nenos/as de infantil.
Quedamos abraiados escoitando as historias!

Moitas grazas profes, gustounos moito!

venres, 10 de outubro de 2014

FESTA DE BENVIDA!

Aínda que xa levamos un mes de cole, hoxe fixemos unha pequena festa. Os Deuses e as Momias queríamos darlle a benvida os nosos novos compañeiros, Os Faraóns.

Comimos, bailamos, xogamos...
Que ben o pasamos!

Mirade, mirade!


luns, 15 de setembro de 2014

BENVIDOS!

Ola familias, nenos e nenas!
Dámosvos a benvida ao blogue de infantil, os LABARTAEXIPCIOS. Este blogue ten como finalidade mantervos informados de todas as actividades que imos a levar a cabo ao longo do curso e tamén para proporcionarvos información sobre páxinas de interese.
Como podedes ver este é o blogue central, nel publicaremos as actividades conxuntas das tres aulas, os faraóns, os deuses e as momias. Para ver a información de cada aula teredes que picar no aceso que está ao lateral.
Desexamos que os desfrutedes.
Un biquiño das Exipcias!