mércores, 1 de xullo de 2015

GRAN CHURRASCADA!!

O último día de cole, foi un día cheo de alegría pero tamén pena por un lado nos vamos de vacacións e por outro, nos despedimos dos amigos/as e dos mestres/as. Pero para que fora un día especial, xogamos moito e fixemos unha churrascada!!
Que rico estaba todo! E sobre todo o xeado!!

Foi un curso xenial para todos/as, levámonos grandes amigos/as e sempre recordaremos que facemos un bo equipo de infantil: Faraóns, Deuses e Momias!!!

FELICES VACACIÓNS!!! VÉMONOS EN SETEMBRO!! UN BICO ENORME!!
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN E TAMÉN AOS COMPIS DE PRIMARIA E A TODOS OS MESTRES/AS!!


xoves, 18 de xuño de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO!!

ONTE OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PARA DESPEDIR O CURSO, CELEBRAMOS UNHA FESTA TODOS XUNTOS NO PATIO!! XOGAMOS E DESPOIS COMEMOS, E SI QUE TIÑAMOS FAME PORQUE ACABAMOS TODO DUN BOCADO!!!
XA QUEDA POUCO PARA AS VACACIÓNS, BOTAREMOS DE MENOS O NOSO PATIO E XOGAR COS NOSO AMIGOS/AS DO COLE!!


domingo, 31 de maio de 2015

QUEROTE MÁIS....


No festival das Letras galegas estreamos o lip dup feito por todos os nenos/as do cole. Para que non o vira ou para que quera recordalo aquí o tedes:




luns, 25 de maio de 2015

EXCURSIÓN Á MARCELLE!! COMO MOLA!!

O pasado mércores 20 chegou o día tan esperado!!Por fin imos de excursión ao zoo de Marcelle! Que ganas tíñamos de que chegara o día!! Aínda que nos levantamos un pouquiño máis cedo as caras de ilusión e alegría dicíano todo!! Fomos un campións, aguantamos moi ben o tempo de autobús e ao chegar alí todo nos gustaba! Pasámolo en grande, vendo a diferentes animais e realizando algúns xogos cos monitores e monitoras! Un día moi divertido e especial, pero tamén moi cansado, xa que á volta, algún que outro necesitou repoñer forzas cunha siesta!!
 

domingo, 24 de maio de 2015

LEMOS NO PATIO

TODO O COLE SAÍU O PATIO A LER EN SILENZO. CADA UN LEVOU UN LIBRO E DESFRUTOU DA LECTURA AO AIRE LIBRE... http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20962646k4835652o1l1/lectura-no-patio

TEATRO DE TÍTERES!

Na semana das letras tamén tivemos un teatro de títeres, que trataba sobre O LIBRO DA SELVA!!
Despois da actuación, recibimos uns regalos sorpresa por participar na carreira pola lingua!!
Moitas grazas, gustáronnos moito!!

OS ILUSTRADORES

A SEMANA DAS LETRAS TIVEMOS A SORTE DE QUE NOS VISITARÁN DOUS ILUSTRADORES QUE Á VEZ QUE NON ÍAN CONTANDO UNHA FERMOSA HISTORIA ÍAN DEBUXANDO O QUE OCORRÍA... DESPOIS APRENDEMOS A SER ILUSTRADORES!!!



A CARREIRA POLA LINGUA

CON MOTIVO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS TODO O COLE FIXO A CARREIRA POLA LINGUA. EN INFANTIL FIXEMOS UNHA ESTUPENDA CARREIRA DE RELEVOS NA QUE O TESTIGO FOI A NOSA BANDEIRA. TODOS GAÑAMOS, A NOSA LINGUA GAÑOU. VIVAMOS COMO GALEGOS!!! VIVA GALIZA!!!!

domingo, 10 de maio de 2015

EXCURSIÓN A CORUÑA

O xoves fumos convidados pola Universidade Da Coruña a ver unhas obras de teatro realizadas polos alumnos da facultade de Maxisterio. Foron 6 e a verdade moi bonitas, encantáronnos. Noraboa aos futuros profes!

Despois da visita fumos o parque de San Pedro, un parque enorme no que comimos e démoslle de comer tamén aos patos. Despois  xogamos e corrimos polo parque, que ben o pasamos!!!

Mirade, mirade!!!



domingo, 3 de maio de 2015

FACEMOS EXPERIMENTOS CON JORGE E PABLO MIRA

GRAZAS AO PAI E AO TÍO DE DANIEL MIRA, COMPAÑEIRO DA CLASE DE 3 ANOS, TODOS DESFRUTAMOS E APRENDEMOS FACENDO EXPERIMENTOS COMA GRANDES CIENTÍFICOS.

DE EXCURSIÓN A DOMBATE

TODO O COLE FOMOS DE EXCURSIÓN A DOMBATE... ALÍ CADA GRUPO FIXO DIFERENTES ACTIVIDADES... TODAS GUSTÁRONNOS MOITO ... ESPERAMOS VOLVER MOI PRONTO!!!! http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20109471k8716418o1l1/dombater

venres, 1 de maio de 2015

CONTACONTOS DAS PROFES SINDA E ISA!!

A outra semana as profes Sinda e Isa contáronnos na biblioteca dous contos que nos gustan moito, "Orellas de Bolboreta" e o clásico conto "Os tres porquiños"!
Gustáronnos moitos e pasámolo xenial, como o xogo de convertirnos nós en lobos e tres porquiños!
Moitísimas grazas profes, sodes unhas grans contacontos!

domingo, 12 de abril de 2015

UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL!!

O pasado xoves tivemos un contacontos moi especial, recibimos a visita de Anabel, a amiga de Daniel Mira de 3 anos. Anabel, veu acompañada pola súa amiga Sonia (a nai de Daniel Mira) e a súa terapeuta Noelia que nos contaron a historia do "Patiño Diverso", unha historia inventada por todas as persoas que traballan na asociación "Íntegro". 

O conto, relátanos a historia dun patiño que nace diferente, cunha patiña enferma, o cal vai superando diferentes obstáculos que se atopa polo camiño da vida grazas a súa valentía e a axuda dos que lle queren moito. 
Resultounos un conto moi bonito, no que aprendemos valores importantes para a vida e o máis importante, que todos somos diferentes, pero todos somos iguais: sentimos, pensamos,  queremos, somos amigos/as, traballamos, axudámonos, ... 

Moitísimas grazas Anabel e Noelia, facedes un gran traballo!!Gustounos moito o conto e o que nos ensináchedes!Grazas tamén a Sonia por ser a cómplice deste contacontos!
Xa vos ensinaremos o debuxo que nos regaláchedes!

martes, 7 de abril de 2015

PLANTAMOS COA NAI DE CARLOS!

O mércores 25 de marzo, recibimos unha visita especial, Martina, a nai de Carlos de 4 anos.
Como sabe moito de plantas e flores, xa que ten unha floristería en Baio, explicounos como é o proceso de plantar e os coidados que necesitan as plantas. Para iso regalounos unha a cada un, que nós mesmos plantamos!
Tamén nos ensinou unhas plantas carnívoras que comen  moscas ou mosquitos!E fíxonos unha demostración que nos deixou abraiados!! E gustounos aínda máis que nos regalara unha a cada clase para coidar entre todos/as!
Moitísimas grazas pola visita e polos superregalos Martina, aprendemos moito e pasámolo xenial!!

luns, 6 de abril de 2015

SARCÓFAGO

O venres, os labartaexipcios tivemos unha visita sorpresa. As familias de Mateo Santos, Lara e Anita regalaronnos un sarcófago a tamaño real feito por eles. Quedamos coa boca aberta do chulo que está. 

Moitas grazas.



domingo, 22 de marzo de 2015

CONTACONTOS NA BIBLIO!

DE NOVO, PUIDEMOS DESFRUTAR DUN NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA! FOMOS TODO OS NENOS/AS DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA.
CONTÁRONOS VARIOS CONTOS, ONDE AS HISTORIAS SE ACOMPAÑABAN DE FERMOSAS MELODÍAS DE PECULIARES INSTRUMENTOS!
MIRADE COMO DESFRUTAMOS!

 

sábado, 21 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA!

Co motivo do día da muller traballadora a profe Patty na biblioteca do cole contounos un conto. Queriamos adicarlle  este día as nosas mamás que tanto traballan.

O conto titulábase "Os tres porcos", unha familia de porcos na que a mamá facía todas as tareas sen axuda do papá porco nin dos fillos... Un día cansouse de tanto traballar e marchou deixando unha nota...

E que mellor agasallo para as mamis por este día que un debuxo dos seus pequemos? 



Un deserto en Baio!!!

E así de chulo quedou o noso deserto! Pouquiño a pouco irémolo decorando un pouquiño máis cos nosos traballos.




xoves, 19 de marzo de 2015

O NOSO DESERTO

ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESTAMOS FACENDO UN DESERTO NA ENTRADA DO COLE. COMEZAMOS FACENDO O MURAL DAS TRES PIRÁMIDES MÁIS FAMOSAS DE EXIPTO... CANTO TRABALLAMOSS!!! PERO QUE BEN O PASAMOS E COMO O DESFRUTAMOS,,, http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d18928612k6988858o1l1/mural-exipto

domingo, 1 de marzo de 2015

MÉRCORES 25 DE FEBREIRO

CONTACONTOS NA BIBLIO DO COLE!!!! HOXE TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL XUNTO COS AMIGOS DE PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA FOMOS A VER UN CONTACONTOS Á BIBLIOTECA. O CONTO QUE NOS CONTOU CHAMÁBASE: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS. ESTIVEMOS TODOS MOI ATENTOS AO CONTO E ATA PARTICIPAMOS FACENDO XESTOS COMO NOS ÍA DICINDO. ENCÁNTOUNOS. http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d18426605k1459245o1l1/contacontos-febreiro

martes, 10 de febreiro de 2015

sábado, 31 de xaneiro de 2015

VENRES 30 DE XANEIRO

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS NOS VISITAN!!!!

HOXE OS NENOS E AS NENAS DE 3 E 4 ANOS TIVEMOS UNHA VISITA.

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS TEÑEN UNHA PIZARRA MAGNÉTICA NOVA MOI CHULA NA QUE ESCRIBIRON OS NOMES DAS PROFES DE INFANTIL...

 VIÑERON ÁS NOSAS CLASES A ENSINARNOS A TODOS O BEN QUE O FAN... SON UNS CAMPEÓNS!!!!




mércores, 21 de xaneiro de 2015

QUÉROTE MÁIS

Mirade que canción tan pegadiza estamos preparando para celebrar o día da paz...
Escoitadea e veredes como non a sacades da cabeza!