domingo, 12 de abril de 2015

UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL!!

O pasado xoves tivemos un contacontos moi especial, recibimos a visita de Anabel, a amiga de Daniel Mira de 3 anos. Anabel, veu acompañada pola súa amiga Sonia (a nai de Daniel Mira) e a súa terapeuta Noelia que nos contaron a historia do "Patiño Diverso", unha historia inventada por todas as persoas que traballan na asociación "Íntegro". 

O conto, relátanos a historia dun patiño que nace diferente, cunha patiña enferma, o cal vai superando diferentes obstáculos que se atopa polo camiño da vida grazas a súa valentía e a axuda dos que lle queren moito. 
Resultounos un conto moi bonito, no que aprendemos valores importantes para a vida e o máis importante, que todos somos diferentes, pero todos somos iguais: sentimos, pensamos,  queremos, somos amigos/as, traballamos, axudámonos, ... 

Moitísimas grazas Anabel e Noelia, facedes un gran traballo!!Gustounos moito o conto e o que nos ensináchedes!Grazas tamén a Sonia por ser a cómplice deste contacontos!
Xa vos ensinaremos o debuxo que nos regaláchedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario