martes, 7 de abril de 2015

PLANTAMOS COA NAI DE CARLOS!

O mércores 25 de marzo, recibimos unha visita especial, Martina, a nai de Carlos de 4 anos.
Como sabe moito de plantas e flores, xa que ten unha floristería en Baio, explicounos como é o proceso de plantar e os coidados que necesitan as plantas. Para iso regalounos unha a cada un, que nós mesmos plantamos!
Tamén nos ensinou unhas plantas carnívoras que comen  moscas ou mosquitos!E fíxonos unha demostración que nos deixou abraiados!! E gustounos aínda máis que nos regalara unha a cada clase para coidar entre todos/as!
Moitísimas grazas pola visita e polos superregalos Martina, aprendemos moito e pasámolo xenial!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario